As viúvas de toda Galicia reúnense en Baiona

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBaionaCalendarioLocalLocal Portada
A-
A+

A Federación Galega de Viúvas, da que forman parte 14 asociacións de toda Galicia, reúnense o sábado día 20 en Baiona para celebrar o cuadraxésimo Congreso Rexional. O evento está organizado pola Asociación de viúvas de Baiona “Mercedes da Escaleira” e reunirá preto de 350 mulleres.

A recepción das distintas asociacións correrá A Cargo do Vicepresidente de Baiona, Ramona Marcote Álvarez e das demais socias ás 10:30 horas, na Praza de Santa Liberata. A continuación celebrarase unha misa na ex Colexiata de Santa María.

Unha vez finalizada a eucaristía as asistentas dirixiranse ao Auditorio V Centenario para celebrar a súa asemblea anual. Intervirán o vicepresidente da Asociación de Baiona; a presidenta da Federación Galega, Aurora Carro Páramo e Anxos Copena Vidal que falará sobre o novo rol das mulleres viúvas ante a crise económica actual.

A Clausura contará coa intervención de Marta Iglesias Bueno, Deputada Provincial; Susana López Abella, Secretaria Xeral de Igualdade de la Xunta de Galicia e Jesús Vázquez Almuíña, Alcalde de Baiona. A continuación actuará o Coro de Homes “Voces Baionesas”.

Unha vez finalizada a asemblea as asistentas desprazaranse ao Restaurante Glasgow onde celebrarán unha comida de confraternidade.

Xa pola tarde, celebrarase unha nova reunión de traballo na que participarán as presidentas e secretarias das asociacións presentes e a presidenta da Federación Galega de viúvas.

19 de abril de 2013 | 12:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.