As Tardes de contos e lendas da biblioteca de Ordes viaxan ata o Sáhara, Senegal e Guatemala

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalOrdes
A-
A+
Sesión de contacontos

Sesión de contacontos

A biblioteca municipal de Ordes acolleu esta tarde unha nova sesión das Tardes de contos e lendas. Nesta ocasión nenos, nenas e acompañantes tiveron a ocasión de realizar unha viaxe por tres zonas ben distintas, o Sáhara, Guatemala e Senegal. Cómo viven as súas xentes, qué comen, os seus costumes, o seu clima e de moito máis falouse neste encontro titulado ‘Contos do mundo’, e no que participou o grupo Solidariedade Internacional de Galicia. 

Esta sesión e forma parte do programa ‘ler conta moito’ promovido pola  Xunta de Galicia, e co que se pretende unha mellora nas bibliotecas públicas da nosa Comunidade.

26 de abril de 2013 | 19:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.