As persoas estranxeiras afiliadas á Seguridade Social en España sitúanse en 1.604.138 en marzo
A afiliación á Seguridade Social de cidadás e cidadáns estranxeiros aumentou en marzo de 2013 en 7.746 ocupados e ocupadas, o que equivale ao 0,49%. En termos anuais, a evolución da taxa de afiliación de persoas de procedencia estranxeira continúa sendo negativa e por enriba da do total de persoas empregadas.
A variación anual entre o colectivo rexistrou un retroceso do -5,12% fronte ao -4,27% do conxunto do Sistema. Ambos os dous indicadores revelan que se mantén a tendencia xa apuntada nos meses anteriores, no sentido de que a perda de emprego continúa afectando con maior intensidade ás e aos traballadores estranxeiros que ás e aos nacionais.
Baleares e Andalucía, son as comunidades que rexistran o maior incremento intermensual, o 6,78% e o 2,75%, respectivamente; Cantabria (1,03%), Cataluña (0,47%), a Comunidade Valenciana (0,03%) e Madrid (0,01%), tamén rexistran valores positivos.
O balance xeral de marzo reflicte que do total de persoas estranxeiras afiliadas, 1.604.138, 998.657 procedían de países de fóra da Unión Europea. O resto, 605.481 persoas, de países comunitarios.
Por réximes, a maioría das e dos afiliados estranxeiros está encadrados no Réxime Xeral: 943.184 traballadores e traballadoras, dato que non inclúe o Sistema Especial Agrario (212.992) e o de Hogar (228.299); ségueo o de Autónomos, con 214.863; o Réxime Especial do Mar, 4.437 e o do Carbón que rexistra 363 ocupados.
Cataluña é a comunidade autónoma con maior número medio de persoas afiliadas estranxeiras, con 351.605 traballadores e traballadoras (21,92%), seguido da Comunidade de Madrid, con 346.495 (21,60%); Andalucía, con 211.338 (13,17%); e a Comunidade Valenciana, con 170.164 (10,61%).
Por sexos, da cifra total de 1.604.138 afiliados, 844.213 son homes e 759.924 mulleres.











