As obras do POST 2012 arrancan esta semana en diferentes parroquias de Cambre

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCambreLocal
A-
A+

As obras do Plan de Cooperación de Obras e Servizos (POST) de competencia municipal do ano 2012, comezarán a semana próxima. En concreto, no que se refire ao Post Principal realizaranse obras de renovación de servizos tales como a mellora do abastecemento, a ampliación de redes pluviais e fecais na maioría dos casos. Estas obras non se puideron levar a cabo o pasado ano debido ao atraso nos trámites que dependían doutras administracións.

Neste Post Principal actuarase nunha decena de lugares concretos e as obras máis complexas levaranse a cabo en Agra do Mero (Sigrás), ponte do Cubo, (Cecebre) e Seoane (Anceis). O resto de actuacións deste Post Principal realizaranse en Feal e La Calle, Os Campons, Peiraio, Sobreguese, Fonte Nova, Bribes e Pousadeira. Todas estas obras terán un presuposto de 141.354,73 euros (sen IVE).

As actuacións do Post Principal iniciaranse a próxima semana, segundo apuntou o edil de Obras, Manuel Marante. O responsable municipal recorda que o atraso se debe aos múltiples permisos que houbo que pedir a diferentes administracións para levar a cabo estas obras xa que están próximas ás zonas de afectación destas entidades. “Estas obras son moi importantes para estas parroquias. Ás necesidades son comúns non que se refire ao saneamento e abastecimento, principalmente, e por iso priorizamos estas obras referentes aos servizos máis urxentes”, puntó o edil de Obras.

DESCRICIÓN DAS OBRAS

4.1.- Agra do Mero (Sigrás)

A actuación proxectada considera a substitución dun tramo de tuberia pertencente á rede de auga potable en funcionamento, dunha lonxitude aproximada de 355 metros; a tuberia de PVC de 63 mm de diámetro nominal ,16 ats, conectarase a outra de 110 mm de diámetro; dispóñense válvulas de corte para 63 mm e 110 mm instaladas en arqueta de iguais características ás empregadas polo servizo de augas municipal e con detalle en planos.La traza da canalización coincidirá cun dos bordos do camiño reponiendose as acometidas domiciliarias existentes(14 uds).Se contempla a reposición do pavimento da gabia con MBC do tipo D12 en capa de 6 cms de espesor, estendida sobre base de zahorra ZA-25 de 25 cms de espesor, logo de aplicación de rego de imprimación con 1.5 Kg/m2 de ECR1. Reforzarase nos cruzamentos das acometidas con 20 cms de formigón HM 20

4.2.- Feal (Pravio)

No caso de Feal, o tramo a substituír ten unha lonxitude de 390 m, de canalización de PVC de 63 mm de diámetro nominal, reponiendose un total de 10 acometidas; idénticas consideracións que no caso anterior para a reposición de pavimento e conexión á rede existente; instalación dunha válvula de corte a colocar,bajo arqueta, sobre canalización de 63 mm.

4.3.- A Rúa (Pravio)

No caso de La Calle a tuberia a substituír é de diámetro 90 mm, 16 ats; un dos tramos, instalada en fondo de gabia de iguais características ao resto, de lonxitude 247 m e outro de 62 m a instalar en canaleta rexistrable existente en paso sobre a A9; neste caso inclúese a posible de reposición dalgunha das tapas existentes, ben por que estean deterioradas ou por roturas durante a execución da obra proxectada.

O tramo renovado conectarase á rede en dous dos seus puntos (ver planos) e repóñense un total de 16 acometidas. Idénticas consideracións que no caso anterior para a reposición de pavimento.

4.4.- Ponche do Cubo (Cecebre)

Proxéctase a instalación de nova rede de abastecemento de auga e saneamento de augas fecais nun tramo de 196 ml; tambien considérase a reposición do pavimento do camiño a todo o ancho incluyendose polo tanto os cruzamentos de tuberias para acometidas para evitar posteriores cortes. A tuberia de auga potable será de PVC, 63 mms de diámetro nominal e 16 atm de presión de servizo; a tuberia de saneamento será de PVC parede compacta, clase SN 4, diámetro nominal 315 mm, en ambos os dous casos instalaranse en fondo de gabia, rellenandose a cabeza superior con 25 cms de zahorra ZA 25, coas caracteristicas indicadas nos planos; os pozos de rexistro construiranse con aros prefabricados de formigón de 1.0 m de diámetro interior, colocados sobre soleira de HM 20, dimensións segundo planos de detalle.En ambos os dous casos conectaranse ás redes existentes, para o que se considera reforzo con HM 20 e reposición de pavito con MBC, O camiño pavimentarase, a todo o ancho (3.50 m) con base de grava 40/60 de 15 cms de espesor estendida sobre a explanada acondicionada previamente con operacións de rasanteo e nivelación con achegas de zahorra ZA- 25; aplicandose a continuación un rego semiprofundo con 4 kgs de emulsión ECR3 e 14 lts de grava 10/20 por m2 e un DTS con dotación de 2.8 kg/m2 en dúas aplicacións e as correspondentes gravas 10 lts/m2 para a primeira, de tamaño 5/10, e 5 lts de grava 5/2 para a segunda.Incluyendose tambien a limpeza e perfilado de cunetas en terras.

4.5.- Peiraio (Cambre)

No caso de Peiraio, o tramo de nova implantación ten unha lonxitude de 112 m, de canalización de PVC de 63 mm de diámetro nominal, reponiendose un total de 2 acometidas; instalación de dúas válvulas de corte a colocar, baixo arqueta, sobre canalización de 63 mm.Se contempla tambien a mellora do camino(actualmente con firme ordinario), comprendendo as operacións de rasanteo,y nivelación do pavimento con achega de zahorra compactada; na explanada de enlace paviméntase cun DTS como recarga do firme existente

4.6.- Os Campóns (Sigrás)

No caso Dos campóns, o tramo a substituír ten unha lonxitude de 240 m, de canalización de PVC de 63 mm de diámetro nominal, reponiendose un total de 7 acometidas; idénticas consideracións que casos anteriores para a reposición de pavimento e conexión á rede existente; instalación dunha válvula de corte a colocar,bajo arqueta, sobre canalización de 63 mm.

4.7.- Fontenova (Pravio)

No caso de Fontenova, o tramo a substituír ten unha lonxitude de 186 m, de canalización de PVC de 63 mm de diámetro nominal, reponiendose un total de 2 acometidas; idénticas consideracións que casos anteriores para a reposición de pavimento e conexión á rede existente; instalación dunha válvula de corte a colocar,bajo arqueta, sobre canalización de 63 mm.

4.8.- Pousadoira (Brexo-Lema)

Proxéctase a ampliación da rede de saneamento existente con colector de 75 m de lonxitude, formado por tuberia de PVC clase SN4, 315 mm de diámetro nominal; os pozos de rexistro construiranse con aros prefabricados de formigón de 1.0 m de diámetro interior e 12 cms de espesor, colocados sobre soleira de HM 20, dimensións segundo planos de detalle. Considérase o esteamento con paneis metálicos para a totalidade do tramo.La reposición do pavimento de gabia, cun ancho medio de 1.20 m realizarase con MBC do tipo D12 en capa de 6 cms de espesor, estendida sobre base de zahorra ZA-25 de 25 cms de espesor, logo de aplicación de rego de imprimación con 1.5 Kg/m2 de ECR1. Reforzarase no total do tramo con 20 cms de formigón HM 20; incluíndo a conexión a pozo existente e os traballos necesarios para realizar a devandita conexión: escavación, pasamuros, entroncamento, reforzos con formigón HM 20 e recheos.

4.9.- Bribes Pequeno (Bribes)

Proxéctase a ampliación da rede de saneamento existente con colector de 85 m de lonxitude, formado por tuberia de PVC clase SN4, 315 mm de diámetro nominal; tres dos pozos de rexistro a construír, realizaranse con aros prefabricados de formigón de 1.0 m de diámetro interior e 12 cms de espesor, colocados sobre soleira de HM 20, o cuarto,con altura superior a 3.00 m construirase de formigón armado, as dimensións e detalles construtivos para ambos os dous casos figuran nos planos de detalle correspondentes. Considérase o esteamento con paneis metálicos para a totalidade do tramo.La reposición do pavimento de gabia, cun ancho medio de 1.20 m realizarase con MBC do tipo D12 en capa de 6 cms de espesor, estendida sobre base de zahorra ZA-25 de 25 cms de espesor, logo de aplicación de rego de imprimación con 1.5 Kg/m2 de ECR1. Reforzarase no total do tramo con 20 cms de formigón HM 20; incluíndo a conexión a pozo existente e os traballos necesarios para realizar a devandita conexión: escavación, pasamuros, entroncamento, reforzos con formigón HM 20 no reforzado e recheos.

4.10.- Sobreguexe (Cecebre)

Proxéctase a ampliación da rede de saneamento existente con colector formado por tuberia de de PVC parede compacta, clase SN 4, diámetro nominal 315 mm, instalandose en fondo de gabia sobre cama de material granular e recubrimento sobre xeratriz superior, rellenandose a cabeza superior con 25 cms de zahorra ZA 25, coas caracteristicas indicadas nos planos; os pozos de rexistro construiranse con aros prefabricados de formigón de 1.0 m de diámetro interior, colocados sobre soleira de HM 20; 7 dos pozos serán con resalte, dimensións segundo planos de detalle. O subtramo de ampliación conectarase á rede existente, para o que se considera reforzo con HM 20 e reposición de pavimento con MBC. O camiño pavimentarase, a todo o ancho (3.50 m) con base de grava 40/60 de 15 cms de espesor estendida sobre a explanada acondicionada previamente con operacións de rasanteo e nivelación con achegas de zahorra ZA- 25; aplicandose a continuación un rego semiprofundo con 4 kgs de emulsión ECR3 e 14 lts de grava 10/20 por m2 e un DTS con dotación de 2.8 kg/m2 en dúas aplicacións e as correspondentes gravas 10 lts/m2 para a primeira, de tamaño 5/10, e 5 lts de grava 5/2 para a segunda.Incluyendose tambien a limpeza e perfilado de cunetas en terras.

4.11.- Seoane (Anceis)

Proxéctase a canalización das augas pluviais con tuberia de polipropileno clase SN8, colocada en fondo de gabia sobre material granular e recheo mesmo material 15 cms sobre a xeratriz superior do tubo; nos tramos en que se ocupe a actual cuneta revestida procederase á demolición desta; no caso en que se encontre en terras, demolerase parte do pavimento da calzada existente ata conseguir os anchos de proxecto; antes das devanditas demolicións cortaranse os bordos con serra de disco; os tramos teñen lonxitudes de 301 m para diámetro 400 mm e 94 m para o diámetro 500 mm( consultar plano de planta).

Nos tramos nos que existan peches de terreos, protexerase a base destes, ben construíndo un bordo de formigón in situ que colabore no recalzo, ou ben con bordo-canle tambien executado in situ ( tramos definidos no plano de planta correspondiente).En outros tramos e para cumprir unha dobre función, dispóñense senllas cunetas en forma de V ou L sobre a cuneta xa entubada; os sumidoiros cumprirán a dobre función de recoller as augas superficiais e permitir cambios de orientación da tuberia(en tramos curvos); os pozos de rexistro non superarán o 1.50 m de profundidade e as súas tapas será de reixa, fundición dúctil, clase D400; a reixa e cerco dos sumidoiros serán clase C 250 GGG-40, co detalle e especificacións que figuran nos planos

A reposición de pavimentos realizarase empregando MBC do tipo D12 estendida en capa de 6 cms de espesor, colocada sobre base de zahorra ZA-25 de 25 cms de espesor, logo de aplicación de rego de imprimación con 1.5 Kg/m2 de ECR1.Se reforzase nos tramos indicados en planos, terminandose con capa de MBC do tipo D-12.

Finalmente, a rede proxectada conectarase á existente no punto indicado no plano de planta.

1 de abril de 2013 | 17:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.