As fortes chuvias producen danos no Auditorio Lois Tobío de Gondomar

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGondomarLocalLocal Portada
A-
A+
Danos no teito do auditorio

Danos no teito do auditorio

O Auditorio Lois Tobío de Gondomar non resistiu as fortes chuvias que caeron estes días no municipio e que provocaron que unha parte do falso teito que cubre a aula do Conservatorio cedese causando danos no seu interior.

O Concello de Gondomar xa deu parte á compañía de seguros para o posterior arranxo da devandita aula.

Dende a concellaría de Vías e Obras, que dirixe Jesús Salgueiro, infórmase de que o incidente se produciu debido a diversos actos vandálicos. En concreto, “rompéronse 50 tellas da cuberta”, explicou Salgueiro.

A reparación, tanto das tellas coma do falso teito da Aula do Conservatorio, xa se levou a cabo e os nenos xa puideron retomar as súas clases.

11 de abril de 2013 | 09:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.