As escolas unitarias visitan a biblioteca municipal, a Policía Local e as dependencias de Cruz Vermella Ordes

Visita dos escolares á biblioteca
Os nenos e nenas das escolas unitarias de Beán, Visantoña, Buscás, Montaos e Olas visitaron esta mañá diversas instalacións do Concello de Ordes. Coincidindo co Día do libro a primeira parada foi na biblioteca municipal. Alí realizaron a lectura dun manual elaborado por eles mesmos sobre as tradicións máis coñecidas dos concellos de Ordes e Mesía. Posteriormente acudiron ás dependencias da Policía Local, onde recibiron unha lección de educación vial. Por último foron recibidos polos membros da Cruz Vermella, quenes lles explicaron os distintos programas de apoio e actividades que se desenvolven ao longo de todo o ano.











