As bibliotecas municipais celebran hoxe o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil
A Concellaría de Cultura celebra hoxe, martes 2 de abril, o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil. Entre as actividades programadas polo departamento que dirixe Ana Fernández para as bibliotecas municipais da Coruña destacan:
– Exposicións de libros infantís nas bibliotecas do Castrillón, Infantil e Xuvenil, Monte Alto e Os Rosales. Novidades, tesouros imprescindibles, libros premiados e libros dedicados polos seus autores, entre outras actividades.
– Na biblioteca do barrio dos Rosales, ademais prográmase unha exposición complementaria para descubrir por que se celebra hoxe o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil e para coñecer a Hans Christian Andersen.
– Na biblioteca do Castrillón, haberá contacontos para nenos e nenas de 3 a 5 anos ás 17.30 horas.











