As andainas saudables da Eurocidade continuan cunha alta participación

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalTui
A-
A+

17042013-7O pasado sábado realizouse a terceira andaina do programa de Andainas Saudables Eurocidade 2013 que a Eurocidade Valença-Tui organiza dende o pasado mes de marzo.

O “Trilho Entre Mosteiros” tivo unha participación de 100 camiñantes, que percorreron as freguesías de Ganfei, Verdoejo e Sanfins, onde os participantes puideron ver os mosteiros destas freguesías así como gozar da natureza nunha maña soleada.

A seguinte andaina terá lugar o domingo 28 de abril, a “PR-G2 Serra do Galiñeiro”, tendo a punto de encontro no aparcamento merendeiro do Monte Aloia ás 10.00 horas o para aqueles que non coñezan ese punto, ás 09.45 horas no gasolineira ao carón do Parador de Tui.

17 de abril de 2013 | 11:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.