Ares achega as súas instalacións municipais para a impartición do proxecto Rede Xiana 2

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAresLocal
A-
A+

O Concello de Ares colabora coa Deputación Provincial no desenvolvemento das acción formativas enmarcadas no proxecto Rede Xiana 2, que se dirixen a persoas desempregadas deste municipio e dos outros que integran dito proxecto. No caso de Ares, o Concello achegará as súas instalacións municipais para a impartición de Capacitación, Preformación e Formación Complementaria.

A persoas participantes pasarán a integrar os itinerarios formativos e de inserción laboral previstos no proxecto, a través dos que poderán recibir a formación axeitada ás súas necesidades formativas así como a orientación e titorización individualizada ao longo de todo o itinerario.

O prazo de inscripción estará aberto entre os días 15 de abril e 3 de maio e as persoas interesadas en recibir máis información ao respecto ou en realizar a inscripción poderán dirixirse á Axencia de Desenvolvemento Local deste Concello ou de calquer outro dos que colaboran (Fene, Mugardos, Narón, Neda, San Sadurniño e Valdoviño).

Hai que lembrar que o obxectivo final desta iniciativa pasa por acadar unha maior profesionalización dos desempregados e desempregadas e a súa inserción no mercado laboral en termos de calidade e responsabilidade social, tal e como quedou plasmado no Pacto Provincial polo Emprego Responsable, asinado polos 91 concellos da provincia de menos de 51.000 habitantes que participan no proxecto Rede Xiana 2.

2 de abril de 2013 | 17:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.