Ángel Currás escoitou as principais demandas do CEIP López Ferreiro

PUBLICADO EN: Noticias de Galicia ► Local ► Santiago de Compostela ▼
A-
A+
O rexedor xunto ao director do centro

O rexedor xunto ao director do centro

O alcalde compostelán, Ángel Currás, reuniuse en Raxoi con director do CEIP López Ferreiro, Lois Trigo. No encontro tamén participou a concelleira de Educación, María Castelao. Lois Trigo formuloulle a Ángel Currás as principais necesidades do centro, o segundo de Santiago en número de matriculados. Neste intre, consideran como prioridade a contratación, a tempo completo ou parcial, dun auxiliar administrativo. Ademais, déronlle conta dalgunha reparación necesaria.

O alcalde, que agradeceu o labor da comunidade educativa do CEIP López Ferreiro, ofreceulle ao seu director a máxima colaboración municipal dentro das posibilidades orzamentarias.

2 de abril de 2013 | 18:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.