Andaina “Coñecendo o Concello de Vilardevós”
O domingo, día 9 de xuño, ás 08.15 h. dende o Centro de Interpretación do Contrabando de Vilardevós, iníciase o percorrido dunha andaina circular “Coñecendo o Concello de Vilardevós”, duns 20 quilómetros aproximadamente, co seguinte percorrido: Vilardevós, Santa María, Trasirexa, A Devesa, Bustelo, Vilar de Cervos, Enxames e de novo a Vilardevós. A comida e o avituallamento costa 7 euros. A información e as inscricións pódense realizar no Centro de Desenvolvemento Rural Portas Abertas, nos teléfonos 988 417 232 ou no 988 989 508 e en ruralcdrportasabertas.org