Andaina “Coñece onde vives” no Concello de Vedra
Con motivo da comenmoración do Centenario da Constitución en Bos Aires da Asociación UNIÓN e PROGRESO e dentro da programación de actividades que a Asociación de Veciños Unión e Progreso vai a celebrar presenta:
A 1ª ANDAINA da Asociación Veciñal “UNIÓN E PROGRESO”
DATA: SÁBADO 13 DE ABRIL
SAÍDA: Campo do Baile de San Xián de Sales
HORA: Ás 16:00 h
PERCORRIDO: 8 km
TEMPO ESTIMADO: 2 horas e 45 minutos
Percorrido da andaina:
Saíndo de Cibrán, por Prumadelos e Ramonde, bordeando os lindeiros de San Andrés e San Fins chegaremos a Matelo, un dos puntos máis altos deste percorrido. Despois dos primeiros 4 Km, seguiremos avanzando para adentrarnos de novo na natureza, nos nosos montes. Subindo cara As Pedreiras e cruzando polos Perouzos chegaremos a Paradela, onde gozaremos dun percorrido apaixoante, quizais único en San Xulián, pois poucos poden presumir nos tempos actuais dunha corredoira de 3 km. Pasando polo medio de Paradela e cruzando a estrada para dirixirnos a Romarís e Laraño ata o límite con Oza, onde retornaremos cara Calzande pasando polo medio da aldea e a Pontevella subindo a Cibrán e o Campo do Baile.
Se nos acompañas en calquera destas andainas, porque son da túa parroquia, a túa saúde mellorará e entre todos faremos Camiño e como di o poeta “… o camiño faise ao andar”, e unha vez empecemos non vamos a parar!!!.











