Alumnos do Valle Inclán fan o roteiro Castelao
O Concello de Pontevedra segue a ofrecer visitas guiadas pola Pontevedra máis vencellada a Castelao, co obxecto de ligar o uso da lingua galega aos espazos urbanos da cidade, recuperar e difundir a memoria histórica inserida no contorno xeral da historia de Galicia e dinamizar os usos orais da lingua galega no ámbito urbano.
Este martes, 16 de abril, realizará a ruta un grupo de 41 alumnos/as de 5º curso de educación primaria CEIP Valle Inclán (O Grove), que sairán da praza da Ferraría ás 11.30 horas.
O percorrido inclúe unha visita á Sala Castelao do Museo de Pontevedra e ao edificio modernista da Fundación Caixa Galicia, onde se situaba o Café Moderno.











