Alumnos de Ponteareas e Ferrol fan o Roteiro Castelao
O Concello de Pontevedra segue a ofrecer visitas guiadas pola Pontevedra máis vencellada a Castelao, co obxecto de ligar o uso da lingua galega aos espazos urbanos da cidade, recuperar e difundir a memoria histórica inserida no contorno xeral da historia de Galicia e dinamizar os usos orais da lingua galega no ámbito urbano.
Este martes, 30 de abril, realizará a ruta un grupo de 20 alumnos/as de diversificación curricular do IES Val do Tea (Ponteareas), que sairán da praza da Ferraría ás 11.00 horas.
Pola tarde tócalles a 50 alumnos/as de ESO do IES Saturnino Montojo (Ferrol), que sairán ás 16 horas do mesmo sitio.
O percorrido inclúe unha visita á Sala Castelao do Museo de Pontevedra e ao edificio modernista da Fundación Caixa Galicia, onde se
situaba o Café Moderno.
Por mor da climatoloxía adversa, ou por outras circunstancias, esta visita podería sufrir modificacións. De ser así, procuraremos mantelos informados.











