Allariz informa das bases para participar nos Maios
Programa de actos
Ás 11.30 h. achéganse os Maios ata o campo da Barreira, paseo central de San Bieito. Continuará o percorrido pola rúa do Portelo ata a Praza Maior, onde permanecerán expostos.
Ás 12.00 h. Canto de Coplas na Barreira, dándose a coñecer posteriormente, o veredicto do xurado.
O acto conta co acompañamento musical do Grupo de Gaitas do Centro Sociocomunitario de Xinzo de Limia e coa actuación da Escola de Danza de Allariz, na Praza Maior.
Bases concurso de Maios
1. Os Maios poden inscribirse como grupo (mínimo 8 persoas).
2. O prazo de inscrición termina o día 30 de abril.
3. Para formalizar a inscrición e ter dereito ao diploma e á subvención, por participar, deberá cubrir un impreso na Casa da Cultura.
4. Establécense os seguintes premios:
Maios Enxebres
1º premio: 35 euros
2º premio: 20 euros
3º premio: 15 euros
Maios Artísticos
1º premio: 35 euros
2º premio: 20 euros
3º premio: 15 euros
5. O Xurado será designado pola Concellería de Cultura do Concello de Allariz.
6. Os Maios estarán construídos cos materiais que nos dita a tradición: madeira, arpilleira ou tea de saco, cravos, arame, brión, bugallos, xestas ou flores.
7. Para fixar o brión á arpilleira, coserase con agulla e fío, segundo a tradición.
8. Os maios non poderán levar rodas, teñen que ser transportados en andas por varias persoas.
9. Todos os Maios presentados cuns mínimos de calidade, recibirán un diploma de participación e unha subvención de 35 euros.
10. A participación neste concurso leva implícita a aceptación das presentes bases.
Bases concurso de coplas
1. Establécense dúas categorías diferentes:
-Coplas de nenos, de 3 a 11 anos (Infantil e Primaria)
– Coplas de maiores, de 12 anos en adiante (Secundaria)
2. Para participar no concurso de coplas téñense que inscribir como grupo, mínimo 8 persoas.
3. O prazo de inscrición termina o día 30 de abril.
4. Para formalizar a inscrición, deberán entregar unha copia das coplas mecanografadas a dobre espazo na Casa da Cultura.
5. Presentaranse un mínimo de 12 estrofas seguindo a tradición, é dicir, compostas de catro versos de arte menor de seis ou oito sílabas cada verso, rimando cando menos a segunda coa cuarta.
6. Establécense os seguintes premios correspondentes ás dúas categorías:
Coplas de nenos
1º premio: 35 euros
2º premio: 20 euros
3º premio: 15 euros
Coplas de maiores
1º premio: 35 euros
2º premio: 20 euros
3º premio: 15 euros
7. O Xurado será designado pola Concellería de Cultura do Concello de Allariz.
8. As coplas deberán ser cantadas o día 3 de maio (elixiranse 6 coplas), ás 12.00 h. na Praza Maior perante o xurado. Así que o veredicto fose emitido, procederase ao pagamento das subvencións e premios.











