Allariz e Miranda do Douro intercambian experiencias

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAllarizLocal
A-
A+
Reunión do rexedor co presidente da cámara de Miranda do Douro

Reunión para o intercambio de experiencias

Allariz recibiu hoxe a visita do presidente da cámara de Miranda do Douro, máis dous representantes do grupo de desenvolvemento rural, para intercambiar experiencias de dinamización económica.

O Alcalde Francisco García mais a xerente do grupo Avinza DGR 15 acompañaron ós representantes da Cámara de Miranda do Douro, que se achegaron ata Allariz para coñecer o proxecto de dinamización económica, centrándose no centro de outlet e no comercio especializado.

Despois da presentación e explicación do proxecto, o Alcalde acompañounos nunha visita guiada pola vila.

O Alcalde Francisco García máis o presidente Artur Nunes coincidía en que, na situación actual de crise económica “non hai que baixar os brazos” e quedaron dispostos a establecer unha liña de cooperación entre os municipios.

8 de abril de 2013 | 19:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.