Actividades do Día do Libro en Dodro
O Concello de Dodro celebra o Día do Libro o vindeiro martes 23 de abril cunha actividade de animación lectoescritora dirixida a nenas/os de 5 a 14 anos que terá lugar na Biblioteca Pública Municipal entre as 17:00 e as 19:00 horas. As/os menores participantes coñecerán a orixe e razón desta celebración, practicarán a escrita creativa, a través da composición de caligramas e cadáveres exquisitos, e elaborarán orixinais e divertidos marcapáxinas.
No marco das actuacións previstas para esta celebración, o mércores 24 de abril realizarase unha sesión de contacontos para nenas/os maiores de 4 anos, a cargo de Carmen Domech, denominada “Contacontos de libros contentos”; actividade cofinanciada polo Programa Ler Conta Moito da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.