Actividades culturais no Concello de Vedra na fin de semana do 5 e 6 de abril
O venres 5 de abril
I GALA DO DEPORTE
LUGAR: Centro Sociocultural de Vedra
HORA: Ás 20:30 h
Coa presencia especial de Moncho Fernández e a entrega de premios ao Deporte de Concello de Vedra
O sábado 6 de abril
AS POMBAS DE CARBOEIRO COA BANDA DE MÚSICA DE SANTA CRUZ DE RIBADULLA
As pombas de Carboeiro é un espectáculo de narración oral mesturada coa teatralidade, a maxia, os monicreques e música en directo coa técnica xaponesa do Kamishibai que conta como un frade trata de convencer coa súa historia a un batallón do exército napoleónico para que os soldados non sacien a súa fame coa poboación de pombas mensaxeiras do mosteiro.
Esta actividade inclúese dentro do programa de dinamización lingüística da Xunta de Galicia, realizada en colaboración co Concello de Vedra.
LUGAR: Centro Sociocultural de Vedra
HORA: 19: 00 h
CONTINÚA O PROGRAMA A XANELA DA MULLER RURAL A MULLER … IMAXE SOCIAL E EDUCACIÓN
Nesta ocasión a Asociación Berenguela presenta este faladoiro da man da educadora Sofía Riveiro Olveira, presidenta do Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia (CEESG).
LUGAR: Centro Sociocultural de Vedra
HORA: 19: 00 h
CLAUSURA DAS XORNADAS TÉCNICAS SOBRE A CULTURA DO VIÑO
Desenvolvidas con motivo da XXXIII Exaltación do Viño da Ulla
Coa seguinte programación:
“Coñecendo técnicas de poda en viña e espaldera”
Interven Jesús Paz Parracho(Técnico especialista en viticultura)
“Visita á ADEGA Pazo Baión. Achegamento ao seu proxecto vinícola, enoturísitco e social”











