Actividades culturais en Ourense para o 6 e 7 de abril

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalOurense
A-
A+

Actividades culturais no Concello de Ourense para o sábado, día 6 de abril

20,30 horas (Auditorio Municipal). Monólogo con Carlos Latre “Yes, we Spain is different”. Actor e humorista televisivo, trae ao escenario todo o repertorio de personaxes que o deron a coñecer e abre un novo abano a voces e caracterizacións nunca vistas.  Latre actualizou por completo un guión do seu espectáculo para incluír toda a actualidade política, social, cultural e deportiva do momento, logrando que Yes, We Spain is different continúe sendo a visión máis surrealista e tamén realista do que nos rodea. Con imitacións que van desde Angela Merckel ou Cristobal Montoro ata Belén Esteban e a duquesa de Alba, para chegar aos 110 personaxes en escea durante os 90 minutos que dura esta divertida e aditiva actuación. As entradas teñen un prezo de 20 €.

Actividades culturais no Concello de Ourense para o domingo 7 de abril

12,00 horas (Auditorio) Continúa a programación infantil do Auditorio (tódolos domingos, agás o segundo de cada mes), coa obra “Bon Apetitt”, a cargo da compañía Teatro dos Ghazafellos. Dirixida a un público familiar, a obra mestura a risa coa cociña tradicional, amosando a historia duns personaxes pintorescos a través da linguaxe universal do clown. Tres chefs que nos van a amosar os segredos da cociña galega seguindo o prestixioso libro de receitas de Álvaro Cunqueiro.

20,00 horas (Auditorio) Monólogo con Pepe Viyuela: “Encerrona”. O espectáculo propón  unha reflexión sobre o cotián desde a perspectiva do paiaso. O personaxe vive a experiencia de quedar atrapado no escenario. Cando entra en escea non sabe onde se está metendo. É un personaxe enganado que entra alí porque lle dixeron que ese é o camiño e, de súpeto, atópase fronte a un público que lle mira e parece esixirlle algo. El non vén actuar pero vese obrigado a iso. Entradas a 15 € e 13 €.

As entradas están á venda en www.servinova.com, ou na billeteira do Auditorio antes de cada actuación.

5 de abril de 2013 | 15:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.