Actividades culturais e deportivas no Concello de Vedra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalVedra
A-
A+

1º ENCONTRO DA COMUNIDADE EDUCATIVA

Desenvolverase hoxe venres 19 de abril e mañá sábado 20 de abril de 2013

NOVO FALADOIRO DO PROGRAMA “A XANELA DA MULLER RURAL”

Este sábado 20 de abril ás 19:00 h no Centro Sociocultural da Terceira Idade

O tema a tratar será “As Mulleres e a Sexualidade”  cun obradoiro de Tuppersex

DUATLÓN ESCOLAR DE VEDRA

O Club Olímpico de Vedra organiza o DUATLÓN ESCOLAR DE VEDRA, clasificatorio para o Campionato Provincial.

Será  este domingo 21 de abril na Carballeira do Souto-San Fins.

As probas comezarán a partir das 11:10 h

I FESTIVAL DE BANDAS DE MÚSICA XUVENÍS SANTA CRUZ DE RIBADULLA

O domingo 21 de abril ás 17:00 h

Na Casa da Cultura de Santa Cruz de Ribadulla

FINAL DA COPA DE FÚTBOL SALA  CONCELLO DE VEDRA 2012-2013 entre os equipos:

O luns 22 de abril

Vente Vindo-Reale Lestedo e Conxo F.S.

A cita terá lugar a partir das 22:45 h no polideportivo municipal de Vedra.

Previamente, as 22:00 a Asociación O Souto San Fins e Estructuras Santeles, disputarán o partido polo terceiro posto da copa.

Unha vez rematados os partidos terá lugar a entrega de trofeos, onde ademais dos tres primeiros clasificados farase entrega das premiacións da liga: campión, Vente Vindo-Reale Lestedo; subcampión, Maloserá; terceiro clasificado, A taberna do patio; equipo menos goleado, Vente Vindo-Reale Lestedo e equipo máis goleador, A taberna do patio. Tamén se entregará o trofeo o equipo máis deportivo, premio que obtén o equipo que demostrase máis deportividade e xogo limpo no conxunto dos dous torneos, liga e copa, e que esta tempada lle corresponde o equipo O Bacalhau.

19 de abril de 2013 | 17:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.