Ábrese o prazo de inscrición na viaxe á Castela medieval do programa “Imos de excursión”

PUBLICADO EN: Noticias de Galicia ► Local ► Santiago de Compostela ▼
A-
A+

A Concellería de Centros Socioculturais abre, a partir de mañá martes 30 de abril, ás 17:00 horas, o prazo para participar na próxima viaxe do programa “Imos de excursión 2013”. É a denominada “Castela Medieval” e desenvolverase dende o venres 17 ata o domingo 19 de maio.

O programa desta viaxe contempla a visita a Arevalo, Madrid e acidade de Avila, gozando da riqueza patrimonial, cultural e gastronómica desta escolma da Castela Medieval. O prezo da excursión é de 155 euros, no que se inclúe o autocar gran turismo, guías, entrada ao Palacio Real de Madrid, estancia de 2 noites nun hotel de cinco estrelas na zona de Avila, seguro de asistencia e de viaxe e pensión completa.

Despois desta, a próxima viaxe do programa Imos de excursión será a denominada  “Costa Verde” (Luarca, Lastres..). Será o sábado 25 e 26 de maio e a inscrición abrirase o martes 7 de maio.

 Máis información destas e doutras viaxes nos centros socioculturais.

29 de abril de 2013 | 18:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.