Abiertas as inscricións para participar no programa Benestar en Balnearios
O Concello de Nigrán informa que a conselleria de Traballo e Benestar abre o prazo de inscrición para optar a praza no programa Benestar en Balnearios 2013. Esta iniciativa vai dirixida a maiores de 65 anos ou de 60 se xustifica a súa condición de pensionista.
Na presente edición, a Xunta de Galicia convocou un total de 603 prazas en balnearios do catro provincias na modalidade de “todo incluído”, sendo o desprazamento a conta dos beneficiarios.
As solicitudes para optar a praza deberán presentarse no departamento de Servizos Sociais antes do 9 de abril, incluído, previa cita, acompañadas dunha fotocopia do DNI do solicitante e do cónxuxe ou acompañante, se procede, declaración responsable das condicións de saúde, cartón sanitario e datos económicos. Para concertar unha cita chamar ao teléfono 986 36 50 00, extensión 4.











