Aberto o prazo para solicitar estancia en balnearios
O Concello da Lama informa de que a Consellería de Traballo e Benestar convoca para o ano 2013 un total de 603 prazas en balnearios.
Poden ser beneficiarias as persoas maiores de 65 anos, ou de 60 anos reunindo a condición de pensionista e residir na Comunidade Autónoma de Galicia.
O programa inclúe aloxamento e manutención en réxime de pensión completa durante 10 días e 9 noites nun dos trece balnearios repartidos polas catro provincias.
O prazo para presentar a solicitude finaliza o 12 de abril do 2013.
Para máis información dirixirse ao departamento de Servizos Sociais do Concello da Lama ou chamar ao teléfono de información gratuíto 900 333 666.











