Aberto o prazo para solicitar as axudas económicas para atención da primeira infancia en escolas infantís 0-3
Dende a área de Igualdade e Benestar Social do concello do Carballiño infórmase da publicación da orde que ten por obxecto a regulación do proceso de concesión de axudas económicas yla convocatoria, en régime de concorrencia competitiva, para a atención de nenas/vos de 0 a 3 anos en escolas infantís 0-3 non sostidas con fondos públicos.
Tipo de axuda:
1. A axuda convocada consiste nunha cantidade mensual para contribuír ao pagamento do importe da praza nunha escola infantil 0-3 non sostida con fondos públicos, as persoas solicitantes con nenas/vos entre 0 e 3 anos a cargo, por un período máximo de 11 meses.
Os requisitos das persoas beneficiarias e dos centros:
1. Para ser persoa beneficiaria das axudas ás/vos solicitantes deberán reunir os seguintes requisitos:
a) Ter unha/un nena/ou a cargo nacida/ou con posterioridade ao 31 de decembro de 2010.
b) Non dispoñer doutras axudas para igual ou análoga finalidade outorgadas por outros organismos ou institucións públicas ou entes privados que, en concorrencia coa regulada nesta orde, supere o custo da praza.
2. Os centros a que acudan as persoas beneficiarias deberán contar coa autorización pertinente segundo o establecido no Decreto 254/2011, do 23 de decembro, polo que se regula o régime de rexistro, autorización, acreditación yla inspección dos servizos sociais de Galicia.
O prazo de presentación de solicitudes de axuda será dun mes dende a publicación
Desta orde no Diario Oficial de Galicia.(24 de maio)
A entrega de solicitudes e documentación poderá realizarse na área de Servizos Sociais do Concello do Carballiño. Para maior información poden chamar ao teléfono 988531076.











