Aberto o prazo para solicitar as axudas ás familias con fillos menores de 3 anos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA LarachaLocal
A-
A+

No Concello da Laracha xa poden tramitarse as solicitudes de participación no programa de axudas económicas de pagamento único a familias con nenos menores de 3 anos ao seu cargo que foi convocado pola Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia.

A contía da prestación é de 360 euros e poderán ser beneficiarios delas os pais ou titores dos nenos nacidos entre o 2 de xaneiro de 2010 e o 1 de xaneiro de 2013 e que ningún dos membros da unidade familiar estivese obrigado a realizar a declaración da renda das persoas físicas no ano 2011 nin a presentase de xeito voluntario.

Para ampliar información ou tramitar as solicitudes as persoas interesadas deben dirixirse ao departamento de Servizos Sociais do Concello da Laracha (planta baixa da Casa Consistorial) como data límite o 10 de maio.

2 de abril de 2013 | 18:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.