Aberto o prazo para solicitar a prestación económica por fillos menores de 3 anos
O Departamento de Servizos Sociais do Concello da Guarda informa que a partir do día 2 de abril ábrese o prazo para solicitar a prestación económica de pagamento único para fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2013.
Poderanse beneficiar desta axuda as persoas con fillos/as menores de tres anos, nacidos entre o 02 de xaneiro de 2010 e 1 de xaneiro de 2013 (inclusives) e non tivesen obriga de presentar a declaración do IRPF do ano 2011, nin se tivese presentado de xeito voluntario aínda sen estar obrigados.
O prazo para a presentación das solicitudes rematará o día 11 maio 2013.
Para máis información e tramitación da axuda dirixirse ó Departamento de Servizos Sociais do Concello da Guarda. O horario de atención é de 9:00 a 13:00h, os luns, mércores e xoves.
Requisitos:
– Poderanse beneficiar desta axuda as persoas con fillos/as menores de tres anos, nacidos entre o 02 de xaneiro de 2010 e 1 de xaneiro de 2013 (inclusives).
– É requisito para a obtención da axuda que a unidade familiar non tivese obriga de presentar a declaración do IRPF do ano 2011, nin se tivese presentado de xeito voluntario aínda sen estar obrigados.
– A cuantía da axuda é de 360€ por fillo menor de 3 anos.
– A data límite para presentar as solicitudes é o 11 maio 2013.
– Tedes a vosa disposición no Departamento de Servizos Sociais, a solicitude e anexos necesarios para presentar.











