Aberto o prazo para o curso de pilates para embarazadas que terá lugar a partir do 15 de abril

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCarballoLocal
A-
A+

O Concello de Carballo, a través do Centro de Información á Muller (CIM), organiza un Curso de Pilates para embarazadas que terá lugar os luns e mércores de 17.00 a 18.00 horas. As xestantes non poderán superar a 30 semanas de embarazo. Todas as mulleres interesadas en asistir deben anotarse no departamento de Servizos Sociais de Carballo (planta baixa) ou chamar ao 981 700 688 ou ao 981 704 706. As prazas son limitadas e está previsto que o curso principie o luns 15 de abril. Os interesados e interesadas en obter máis información poden consultar un documento en pdf neste aviso con información relevante sobre as características da actividade.

5 de abril de 2013 | 16:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.