Aberto o prazo de solicitude dos Campamentos e Actividades de Verán

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalMonforte de Lemos
A-
A+

A Concelleira de Xuventude do Concello de Monforte de Lemos informa que se abriu o  prazo para solicitar os Campamentos de Verán 2013 que organiza a Consellería de Traballo e Benestar a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado e que están dirixidos a mozos/as de idades comprendidas dende os 9 ata os 17 anos.

En Galicia as actividades ofertadas son: A miña primeira aventura; Deporte e recreación; Conecta con Galicia; Actividades no mar, vela e táboa; En bicicleta pola natureza; Natureza xunto o mar; Campamento de teatro; Xogando no encoro; A nosa primeira aventura, multiaventura; Medio ambiente e mar, acampada ao carón do mar; Devesaventura; Campamento sente Galicia, unha viaxe a través do tempo; Campamento sons da Devesa; Teatro e aventura na natureza; Aventura e deporte, Achégate á Ribeira Sacra. Lánzate á aventura, Manzaneda alta montaña e Aventura na illa.

Fóra da nosa Comunidade, en Álava, Castela e León, Estremadura e A Rioxa as actividades que se ofrecen son: Colonia de rock, Gaia-cómic, Multiaventura, Actividades náuticas e Deporte e ocio.

O prazo de solicitude remata o día 17 de abril deste ano en curso, polo que calquera  interesado pode acudir a Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello nas Casitas da Compañía, s/n ou chamar o teléfono 982 875 126, onde ademais de informarse poderán xestionar a súa solicitude.

Asemade, a Concelleira de Xuventude do Concello de Monforte de Lemos informa de que atopa aberto o  prazo para solicitar as Actividades de Verán organizadas pola Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado e que están dirixidos a mozos/as de idades comprendidas dende os 18 ata os 35 anos.

Entre as actividades nas que se pode participar atópanse: Barrancos do Miño, Surfeando no Cantábrico, Conecta con Galicia e Rutas en kaiak de mar.

Para acadar máis información pódese acudir á Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello nas Casitas da Compañía, s/n ou chamar o teléfono 982 875 126, onde ademais se pode xestionar a súa solicitude.

5 de abril de 2013 | 15:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.