Aberto o prazo de inscrición para os campamentos deportivos 2013 da Deputación da Coruña
A Deputación da Coruña abriu xa o prazo de de inscrición para unha nova edición dos campamentos deportivos. Os interesados poderán facer a súa inscrición nos concellos antes do 16 de maio.
Estes campamentos celébranse no Centro Calvo Sotelo en tres quendas dunha semana entre o 30 de xuño e o 20 de xullo. Os destinatarios desta actividade son rapaces dos 94 concellos da provincia nados entre o ano 1999 e o 2003.
A cota de inscrición é de 85 euros e inclúe o transporte interno, a estadía e manutención na residencia e o gasto das actividades programadas, así como o material propio das actividades coma raquetas de tenis, balóns e chalecos salvavidas que entregaranse a cada participante durante a celebración do campamento.
Os campamentos deportivos inclúen as actividades deportivas preferentes que, nesta ocasión, serán a equitación, paseos a cabalo, kaiaks, orientación, piragüismo, paseos en barco, tenis, voleipraia, fútbol 7, baloncesto, volei, batuka, capoeira e hip-hop. Ademais, os rapaces participarán nunha pernocta en tendas de campaña dunha noite e o inglés formará parte do programa coma novidade.
O programa do campamento inclúe as visitas a centros de interese cultural da comarca e da cidade da Coruña e as veladas nocturnas con actividades e xogos que teñan coma obxectivo fomentar a comunicación, a convivencia e o respecto entre os demais.











