Aberto o prazo de inscrición para o curso de conductor de carretas elevadoras
O Concello de Nigrán, na actual programación de accións formativas para os seus veciños, ten prevista a realización dun “Curso de conductor/a de carretas elevadoras” de 20 horas de duración e gratuíto, dirixido prioritariamente a todas as persoas desempregadas e empadroadas no noso municipio que queiran obter esta titulación como complemento e reforzo do seu CV á hora de mellorar as espectativas laborais na súa busca de emprego.
A formación teórica impartirase nas instalacións municipais do Centro Antena (Rúa Otero Pedrayo, nº 52, 36350 de Nigrán), o día 3 de maio, das 09:00 ás 14:00 horas, mentres que as clases prácticas se desenvolverán a cargo da Autoescola Lusant nas Pistas Piñeiral do Rey, Estrada Seixiños-Beade S/N, os días 6, 7, 8 de maio tamén das 09:00 ás 14:00 horas.
O prazo de inscrición estará aberto do 18 ao 29 de abril, no horario habitual de rexistro, presentando copia do CV e cubrindo a instancia que estará á súa disposición no Centro Antena Municipal e no Departamento de Emprego.
Para ampliar esta información, as persoas interesadas poden contactar co Centro Antena no teléfono 986–366572 e co Departamento de Emprego, no 986-365000, extensión 4, ou formular as súas preguntas a través dos correos electrónicos centroantena@nigran.org e tle.nigran@nigran.org











