Aberto o prazo de inscrición no concurso dos Maios en Monforte de Lemos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalMonforte de Lemos
A-
A+

O mércores 8 de maio a Delegación de Cultura e Normalización Lingüística do Concello de Monforte convoca o tradicional concurso dos Maios, a concentración dos Maios e a lectura das coplas será na praza de España ás 17:30 h. 

As bases do concurso non competitivo son: 

Primeira.- A Delegación de Cultura e Normalización Lingüística do Concello de Monforte de Lemos convoca o Concurso  OS MAIOS, que se realizará o 8 maio de 2013, dentro do programa de actividades da Delegación.

Segunda.- Poderán participar no Concurso tódolos monfortinos/as que o desexen.

Terceira.- O tema versará sobre calquera tipo de Maio.

Cuarta.- Os Maios sairán a percorrer as rúas da cidade libremente e xuntaranse na Praza de España ás 17:30 horas, onde se interpretarán as coplas.

A continuación actuará o Grupo de Gaitas do Concello de Monforte de Lemos.

Quinta.- O concurso non é competitivo.

Sexta.- As solicitudes para a inscrición, así como as coplas, deberán presentarse para a participación no concurso no Rexistro Xeral do Concello de Monforte. O último día de presentación das mesmas será o 7 de maio antes das 14:00 h.

29 de abril de 2013 | 13:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.