Aberto o prazo de inscrición na X Andaina Cidade de Ourense que propón unha ruta de 27 km.

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioDeportesLocalOurense
A-
A+

Dende hoxe, luns, día 22 de abril, e ata o 9 de maio, está aberto o prazo de inscrición na X Andaina Cidade de Ourense, que se desenvolverá o día 12 de maio. Os interesados poden realizar a inscrición a través da páxina web www.deportesourense.com. A inscrición ten un custe de 7 euros.

A actividade está organizada polo Consello Municipal de Deportes e o Concello de Ourense, co patrocinio das empresas e Pérez Rumbao, Gadis, aquaBona, Coca-Cola, laCaixa e colaboración de Turini, Termas de Outariz, Bodegas Cunqueiro, Estrella Galicia e Pontevella Centro Comercial.

A Andaina terá saída o 12 de maio (ás 9:00 horas) e chegada no Pavillón dos Remedios e o percorrido discorrerá polos montes da zona sur-sureste de Ourense, cunha distancia de 27 quilómetros, cunha elevación máxima de 404 metros. Os puntos de avituallamento estarán en Seixalvo (km. 6), Cumial (km. 13) e Ceboliño (km. 20) e no remate da andaina (Pavillón dos Remedios, km.27). Participarán un máximo de 500 persoas.

22 de abril de 2013 | 15:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.