Aberto entre o 1 de maio e o 10 de xuño o prazo para inscribirse na III Carreira Popular 10 Km Concello de Carballo
O Concello de Carballo, a través do Padroado Deportivo Municipal, organiza a III Carreira Popular 10 Km Concello de Carballo que ten lugar o domingo 16 de xuño de 2013. Trátase dunha proba oficial da Federación Galega de Atletismo (FGA) cunha distancia homologada de 10.000 metros, e baixo o control técnico do Comité de Xuíces da FGA. Na III Carreira Popular “10 Km Concello de Carballo”, pode participar toda persoa nada nas datas correspondentes por categoría, estea ou non federada, ate un máximo de 1.000 inscritos. As inscricións son gratuítas e poden realizarse a través da páxina web www.championchipnorte.com, onde pode obterse o regulamento da proba. O prazo para anotarse transcorre entre o mércores 1 de maio e o luns 10 de xuño de 2013.











