Aberto até o 26 de abril o prazo dos cursos formativos da Rede Xiana 2 do Fórum Carballo
O Concello de Carballo, a través da Concellaría de Formación e Emprego, informa de que o Concello de Carballo impartirá no Fórum Carballo accións formativas incluídas no programa Rede Xiana 2 (Xestión Integral, Accesibilidade, Novas Tecnoloxías e Adaptabilidade no mercado laboral galego). A iniciativa está cofinanciada pola Deputación da Corula e o Fondo Social Europeo. O proxecto inclúe un programa formativo que combina formación teórica con experiencia laboral en entidades e empresas da provincia de sectores económicos relacionados coa formación impartida. O Concello carballés cede as instalacións municipais do Forum para impartir estas accións formativas, que poden de base ou específicas. O prazo de inscrición para participar está aberto entre o 15 e o 26 de abril, ambos inclusive. No caso das accións formativas de base, trátase de obradoiros de empregabilidade, habilidades sociais e comunicativas, alfabetización informática, responsabilidade social, novas tecnoloxías da información e comunicación ou condución económica e eficiente entre outras; e no caso das accións específicas, poden ser ou ben da familia profesional do transporte e/ou loxística como operador/a de estiba/desestiba e desprazamento de cargas ou ben da familia profesional da industria e maquinaria co curso de montador de estruturas metálicas e, montaxe e posta en marcha de bens de equipo e maquinaria industrial. O prazo de inscrición para participar nestes cursos está aberto entre o 15 e o 26 de abril, ambos inclusive. As persoas interesadas deben anotarse na súa localidade de residencia. No caso de Carballo, deben acudir ao Centro Municipal de Formación no Forum, situado na Praza dos Bombeiros Voluntarios, s/n (barrio da Milagrosa, antigo recinto feiral) ou ben poden solicitar información no teléfono 981 709 011 (preguntar por Mila Antelo).











