Aberto a partir do día 5 de abril o período de reserva de praza nos centros educativos
O Concello de Carballo informa de que a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de Educación Infantil, de Educación Primaria, de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) e de Bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. Segundo o calendario da administración autonómica, os prazos son os seguintes:
– Reserva de praza: do 18 ao 22 de marzo
– Publicación de vacantes: 4 de abril
– Presentación de solicitude de admisión: do 5 ao 17 de abril
– Presentación da documentación xustificativa: do 22 de abril ao 3 de maio
– Publicación das listaxes provisionais de admitidos en non admitidos: até o 10 de maio
– Publicación das listaxes definitivas: antes do 31 de maio
– Formalización de matrícula en Educación Infantil e Educación Primaria: do 20 ao 30 de xuño
– Formalización de matrícula en ESO e Bacharelato: do 25 de xuño ao 10 de xullo
– Prazo extraordinario de matrícula ESO e Bacharelato: do 1 ao 10 de setembro
Os interesados e interesadas poden consultar toda a documentación relacionada, así como a Orde do 12 de marzo ao completo, o calendario e os formularios de solicitude nunha ligazón neste mesmo aviso.











