A XII Mostra de Teatro MOTECES de Ourense, incluirá 10 obras de grupos escolares
A Mostra de Teatro para escolares (MOTECES), na que participan escolares de ESO (Educación Secundaria Obrigatoria) e ESPO (Educación Secundaria Post Obrigatoria) alcanza a súa duodécima edición este curso 2012-2013. Desde este xoves, e durante 15 días, a Escola Municipal de Artes Escénicas acollerá a representación dun total de dez obras teatrais, a cargo de nove grupos de centros de ensino da cidade.
A iniciativa, organizada pola Concellería de Educación do Concello de Ourense, facilita o intercambio de experiencias teatrais entre os distintos centros de ensino da cidade, e fomenta o gusto polo teatro, á vez que crea futuros espectadores. Este xoves, a partir das 12 h., o CPR Santo Ángel realizará a primeira representación, coa obra “Soños”, do grupo “Caixadesastre”. Neste caso, asistirá público do IES Universidade Laboral e do IES A Carballeira.
A edición deste curso inclúe, a maiores das obras destinadas a ESO e ESPO, unha obra dirixida a alumnado de Educación Infantil e 1º ciclo de Educación Primaria.
Entre o día 2 e o 15 de maio participarán un total de 10 grupos de teatro de nove centros de ensino da cidade, cun público total de 1.000 espectadores entre alumnado e profesorado.
A continuación, adxuntamos o programa completo, e o cartaz da edición deste ano:
INAUGURACIÓN: Xoves, 2 maio
Ás 12.00h na Escola Municipal Artes Escénicas actúa CPR Sto. Angel .Grupo “Caixadesastre”: Obra:”Sonos…”. Asiste público do IES Universidade Laboral e do IES Carballeira.
Venres, 3 maio
Ás 12.00h na Escola Municipal Artes Escénicas actúa CPR Cardenal Cisneros Obra: “Descontando Contos”. Asiste público de Infantil e 1º e 2º curso de Ed. Primaria do CPR Cardenal Cisneros, CEIP Ruxidoiro, CEIP Filomena Dato e CPI José G. García (Mende)
Luns, 6 de maio
Ás 16.00h na Escola Municipal Artes Escénicas actúa IES E. Blanco Amor.Grupo “Baralláns”.Obra: “O Casamento”. Asiste público do CPR Sto. Ángel
Martes, 7 de maio
Ás 12.00h na Escola Municipal Artes Escénicas actúa IES Otero Pedrayo. Obra: “O Chip Experimental”.Asiste público do: IES Universidade laboral, e do IES E. Blanco Amor
Mércores, 8 de maio
Ás 12.00h na Escola Municipal Artes Escénicas actúa CPR Sta. Teresa de Jesús. Grupo: “Vedruna Teatro”.Obra: “Mis queridos Monstruos”.Asiste público do IES Lagoas
Venres, 10 de maio
Ás 12.00h na Escola Municipal Artes Escénicas actúa IES Lagoas.Obra: “Zume de Escarabello”. Asiste público do CPR Sta. Teresa de Jesús
Luns, 13 de maio
Ás 12.00h na Escola Municipal Artes Escénicas actúa IES Universidade Laboral. Grupo “IAD-11”.Obra: “A Boa Persoa de Sezuán”. Asiste público do CPR Cardenal Cisneros, IES Otero Pedraio e IES Ferro Couselo
14 de maio ás 12.00h na Escola Municipal Artes Escénicas actúa IES A Carballeira. Grupo: “Os Carrabouxos”.Obra: “Hoy es Fiesta”.Asiste público de CPR Maristas e IES X. Ferro Couselo
Tamén o 14 de maio ás 12.00h no CPR MARISTAS actúa CPR Maristas. Grupo:”Satyrus de Teatrio Grecolatino”.Obra:Las Metamorfosis”.Asiste público de CPI José G. garcía (Mende), IES Carballeira e IES Otero Pedraio
15 de maio ás 12.00h no salón de actos da Escola Municipal das Artes Escénicas Clausura coa actuación do grupo de treatro do IES Universidade Laboral coa obra “Anacos de lenda do tempo” do grupo CALPURNIA, obra dirixida por Ánxeles Cuña. A continuación terá lugar o acto de clausura desta edición, no que se fará entrega dun agasallo a cada un dos grupos participantes, así como ao gañador do I Certame de deseño de carteis para a MOTECES (o alumno de ESO do IES Blanco Amor, Martín Gómez).











