A X Mostra de Cultivos do Baixo Miño foi visitada por miles de persoas na fin de semana

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalLocal PortadaTomiño
A-
A+
Percorrido da comitiva polos stands

Percorrido da comitiva polos stands

A décima edición da Mostra de Cultivos do Baixo Miño recibiu a visita de miles de persoas interesadas no mundo das plantas e os cultivos.

A feira, que o ano pasado contou con 15.000 visitantes, foi inaugurada no pavillón deportivo de Goián (Tomiño) coa presenza de 30 expositores de planta ornamental, flor cortada, horta, xardinería e empresas auxiliares, distribuidos nunha superficie de 1500 metros cadrados.

José Cosmed, presidente de ACUBAM (Asociación Cultivos Baixo Miño), entidade organizadora da actividade coa colaboración do Concello de Tomiño, abriu a quenda de intervencións para agradecer o traballo da actual xunta directiva e tamén das anteriores, que fixeron posible o nacemento e consolidación da mostra de cultivos, única no seu tipo que queda en Galicia.

Asímesmo, Cosmed salientou a importancia da cooperación entre empresarios, especialmente en momentos económicos coma o actual. Fixo fincapé tamén na necesidade de conseguir unha maior profesionalización do sector e de formar aos más pequenos para que respecten e valoren a súa terra.

Na oportunidade estiveron presentes tamén a alcaldesa de Tomiño, Sandra González e outros membros do equipo de goberno, así coma o alcalde do Rosal e concelleiros de A Guarda.

A alcaldesa de Tomiño reiterou “o apoio incondicional” do Concello, e salientou o traballo dos produtores, lembrando a Juan Peixoto, de Viveros Nilo, que foi o que comezou hai dez anos coa organización da mostra.

A rexedora resaltou a importancia de asociarse nun momento de crise económica coma o actual, e adaptarse aos novos desafíos comerciais e tecnolóxicos; tarefa que o sector do viveirismo está realizando con éxito no Baixo Miño.

A trintena de stands presentes nesta décima edición atópanse empresas de planta ornamental, flor cortada, horta, xardinería e empresas auxiliares.

Houbo sitio tamén para firmas de investigación e desenvolvemento, coma a do Plan Idga, en plantas arbustivas, de temporada e novas variedades.

Entre os exemplares vexetais novidosos, pode atoparse un olivo centenario en forma de bonsai e unha trepadora procedente do Tibet, con baias enerxéticas (en Coplant).

Viveiros da Barxa expón varias palmeiras de orixe africano que poden soportar fríos ata de -23 grados centígrados e que se producen no Baixo Miño para exportarse case na súa totalidade a países de Centroeuropa.

Suministros, instalacións, cultivos hidropónicos, maquinaria e xardinería, son outros dos puntos fortes desta mostra tomiñesa.

Outras atraccións de interese foron as demostracións en vivo sobre modelado de madeira con moto serra; un xardín de deseño no exterior do pavillón e un obradoiro de “Contos Solidarios” a cargo de Anxo Moure.

Ademais, contou cunha exposición de bonsais no auditorio a cargo de Javier Álvarez.

Colaboraron coa mostra de cultivos ademais do Concello, Mediolanum, La Caixa e Asociación Forestal de Galicia. Proxecto Silvaplus.

 

22 de abril de 2013 | 09:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.