Á venda nas oficinas de Cultura as entradas para Primavera enDanza e os Venres Culturais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCarballoLocal
A-
A+

A Concellaría de Cultura que dirixe Mar Eirís informa de que a partir do martes 2 de abril está aberto o prazo para comprar os bonos así como as entradas para os espectáculos incluídos nos programas Venres Culturais e Primavera enDanza que teñen lugar durante os meses de abril e maio. Os interesados e interesadas deben dirixirse ás Oficinas da Concellaría de cultura (1º andar do Pazo da Cultura) en horario de 11.00 a 14.00 horas. Os bonos garanten o acceso a todos os espectáculos de pago dos Venres Culturais e aos de Primavera enDanza e custan 19 euros, 14 euros con prezo reducido para estudantes con carné, maiores de 65 anos e menores de 12. No caso das entradas, poden mercarse no despacho de billetes do Pazo da Cultura o mesmo día de cada espectáculo dende unha hora e media antes do inicio da actuación; tamén se poden reservar nun máximo de 4 por persoa no 981 704 300 dende 15 días antes da celebración dos espectáculos. No caso dos espectáculos de balde do programa Venres Culturais, se é precisa invitación previa, avisarase coa antelación suficiente para que os interesados e interesadas poidan retiralas nas oficinas de Cultura. Prégase puntualidade á hora de asistir aos espectáculos, xa que unha vez comezada a función non se garante o acceso á sala. Os interesados e interesadas poden consultar o programa ao completo dos Venres Culturais e Primavera enDanza nun documento en pdf neste mesmo aviso.

2 de abril de 2013 | 18:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.