A Torre de Hércules conta, dende esta semana, cun folleto informativo en ruso

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocalLocal Portada
A-
A+
Novo folleto divulgativo da Torre de Hércules en ruso

Folleto divulgativo da Torre de Hércules en ruso

O Concello da Coruña, a través da Área de Turismo que dirixe Luisa Cid, editou un novo folleto en ruso sobre a Torre de Hércules que se une aos que xa existen en castelán, galego, catalán, inglés, francés, portugués, italiano, alemán e xaponés Esta publicación obedece, por un lado, ao incremento de visitantes rusos na nosa cidade e, por outro, ao feito de que se trata dun mercado emerxente. Ademais tívose en conta a circunstancia de que o turista eslavo non fala practicamente ningún outro idioma e resúltalle complicado comunicarse ao contar cun sistema alfabético diferente ao occidental.

O Concello leva meses traballando nesta liña. De feito, toda a oferta turística da Coruña estivo presente no Workshop Dolce Vita Vip & Mice, un encontro profesional centrado no mercado ruso celebrado en París no mes de febreiro. Neste encontro déronse cita unha selección de axentes e turoperadores rusos e onde se atenderon persoalmente a máis dunha vintena de empresas interesadas na Coruña como destino diferente ao da costa mediterránea pola súa oferta gastronómica, cultural e de natureza.

Ao longo de 2013 o Concello realizará un esforzo por participar en máis workshops ou eventos profesionais destinados a promover A Coruña neste mercado cun alto potencial de crecemento.

30 de abril de 2013 | 17:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.