A Sala Karma acolle mañá a festa de presentación do Galegote Rock

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalPontevedra
A-
A+

04042013-7A Sala Karma acolle mañá, 5 de abril, a partir das 22.00 horas a festa de presentación do Galegote Rock, é un ciclo de concertos de bandas galegas organizado pola Concellaría de Normalización Lingüística que busca achegar a música de calidade en galego ao público habitual dos concertos ao vivo en salas comerciais, así como promocionar os grupos profesionais de ámbito local que cantan na nosa lingua.

A festa de presentación correrá a cargo de O neno Elliot (http://nenoelliott.bandcamp.com/) e Os amigos dos músicos (http://osamigosdosmusicos.bandcamp.com/).

A programación continuará co seguinte calendario:

– Xoves, 11 de abril. Concerto no Pequeno Karma (Rúa Charino) ás 22.00 horas a cargo de Roger de flor e o marqués das vinhas (http://www.myspace.com/rogerdeflorhttp://www.youtube.com/watch?v=dE9wzHt-uWY). De balde

– Venres 12 de abril, concertos na Sala Karma 22.00h Terbutalina (http://terbutalina.bandcamp.com/) e Martelo (http://martelorock.com/martelorock/M_A_R_T_E_L_O/M_A_R_T_E_L_O.html) e Foxy Freire (http://www.foxyfreire.es/)

– Sábado 13 abril, concertos na Sala Karma 22.30h Ataque escampe (http://www.ataqueescampe.org/) e Fervellasverzas  (http://www.myspace.com/osfervellasverzasrock)

A organización prevé os seguintes abonos:

– Presentación + concertos: 12€

– Todos os concertos: 8€

– Festa presentación: 5€

– Entrada por día: 6€ (só á venda os días dos concertos).

Os puntos de venda dos abonos e das entradas son www.ticketea.com <http://www.ticketea.com/> No Pequeño Karma, de martes a sábado de 20.00h ata o peche Na tenda Rei Zentolo de Pontevedra

4 de abril de 2013 | 12:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.