A praza do Teucro celebra mañá a Aña Urbana
Pontevedra acolle mañá a terceira edición da Aña Urbana que pretende dar a coñecer esta actividade vinculada ás actividades agrícolas da primavera. Eran traballos con carácter comunitario que soían rematar cunha merenda e unha festa na que participaban todos aqueles que asistían á sementeira (por exemplo).
A Aña Urbana arrancará ás 11.00 horas coa apertura da Feira de artesáns e oficios tradicionais na praza do Teucro. A partir das 11.30 horas comezará o roteiro dos grupos de música que participarán na Aña e que estarán na praza do Teucro, Verdura, Abastos, Ferraría, Peregrina, Oito de marzo e Curros Enríquez. Participarán neste roteiro os seguintes grupos: Tanxedoras do Pandeiro de Vigo, Chorouvía de Vigo, Pandereteiras Ghandainas do Alcabre, Escola de baile da A.C.F. Tarambainas, Grupo de música e baile tradicional Os Muíños de Oliveira de Ponteareas, Pandereteiras de Trompos ós pes (Marín), Pandereteiras do Suído (A Lama), Pandereteiras Rexubeiras (A.C. Trépia), e Escola da A.C. Trepia.
Ás 18.00 horas iniciarase un obradoiro aberto de baile tamén na praza do Teucro, e ás 19.00 horas, no mesmo lugar, actuacións dos grupos que pola mañá participan no roteiro. O serán da Aña Urbana comezará ás 20.30 horas.











