A praza de abastos de Lalín elixe ás gañadoras da campaña “Presume de praceiro/a”

Entrega dos cheques ás gañadoras
José Manuel Rial, Elvira Rodríguez Castro e Carmela Segade Ojea gañaron, respectivamente, o 3º, 2º e 1º premio do sorteo correspondente á campaña “Presume de praceiro/a” que hoxe se celebrou na Praza de Abastos lalinense onde se elixiron a estas 3 persoas de entre o conxunto de papeletas depositadas polos clientes nunha urna desde que se puxo en marcha esta iniciativa da Xunta coa que se pretende dinamizar e impulsar as prazas de abastos de toda Galicia.
Así o indica a concelleira de Actividade Económica, Comercio e Emprego, María José Batán que estivo presente no sorteo. Os premios consisten nun cheque de 75 euros para o 1º premio; 50 euros para o 2º e 25 euros para o terceiro, para mercar produtos na Praza de Abastos de Lalín.
As persoas gañadoras foron avisadas por teléfono de que lle tocara o premio e dáse a casualidade de que ao ser as tres do núcleo urbano lalinense se achegaron á Praza -no caso do gañador do 1º premio acudiu a súa dona- para recoller os premios. María José Batán transmitiu a noraboa a cada un deles.
O seguinte sorteo celebrarase o vindeiro 3 de maio. No conxunto de papeletas depositadas na urna polos clientes ao longo da campaña elixirase cando remate a iniciativa o mellor praceiro/a de toda Galicia.











