A policia municipal cortará a subida de acceso á ermida de Chamorro o luns
A Policía Local de Ferrol porá en marcha un dispositivo de seguridade e tráfico o vindeiro luns, día 1 de marzo, con motivo da romaxe de Chamorro. Así, esa xornada, dende primeira hora da mañá, estará cortado ao tráfico rodado a estrada de subida á ermida de Chamorro. Esta restrición será efectiva a partir de ao redor das 08.00 horas do luns e permanecerá en vigor durante practicamente toda a xornada, o tempo que dure a romaxe.
Asi mesmo, haberá presenza de axentes municipais tanto ao principio da estrada de subida a Chamorro como arriba, nas inmediacións da capela. Tamén haberá un dispositivo de Protección Civil e de bombeiros.











