A Policía Local informa das restricións dos estacionamentos e do tráfico de vehículos durante o duatlón

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalPontevedra
A-
A+

Comezou a distribución de carteis informativos en toda a cidade nos que se dá información de carácter xeral sobre a mobilidade e operativo especial de tráfico por mor do CAMPIONATO ESPAÑA DE DUATLÓN, que recolle os cortes e restricións  de estacionamento así como suxestións dos usos das vías (entrada e saídas cidade).

Co fin de dar unha información mais detallada, dividiuse a cidade en CINCO sectores, de tal xeito que cadanseu sector ten unhas medidas de tráfico propias e dirixidas aos residentes no mesmo.

Por elo, a información esta divida en dous tipos de carteis:

Cartel informativo xeral sobre entrada e saída da Cidade, naturalmente dirixido a toda a cidadanía.

Cartel informativo concreto para cadanseu sector, que vai especialmente dirixido aos residentes do sector correspondente.

RÚAS DIRECTAMENTE AFECTADAS POLO EVENTO DEPORTIVO:

1. CIRCULACIÓN A MOTOR PROHIBIDA

Sábado 27 de abril: (de 10:30 a 21:00 horas)
A partir das 10:30 : Xosé Malvar (dende cruce a Seca ata Ponte dos Tirantes).
A partir das 11:00 horas (todo o circuíto): Avenida Bos Aires completo (dende Monteporreiro ata Ponte do Burgo). Permítese o tráfico de rúa do Mare cara a Monteporreiro e dende Padre Amoedo cara Ponte do Burgo ase como dende uruguai ata Mercado (só para veciños e servizos do mercado de abastos). Padre Gaite, Padre Fernando Olmedo – Ponte dos Tirantes – Alexandre Bóveda – Enxeñeiro Rafael Areses – Avenida Compostela – Xoán Manuel Pintos (agás aparcadoiro)

Domingo 28 de abril ( de 08:30 a 15:00 horas)
A partir das 08:30 horas peche total das rúas do percorrido (as mesmas do sábado). A maiores pechase ao tráfico a Nacional 550 ata o cruce de Alba.

Así e todo, os residentes con garaxe nas rúas anteditas, poderán acceder aos mesmos (pero non estacionar) entre as 21:00 ata as 08:30 horas.

2. RESTRICCIÓNS DE APARCAMENTOS

Queda prohibido estacionar en todas las rúas afectas pola proba deportiva

Venres 26   ás 15 h, Xosé Malvar – Padre Fernando Olmedo – Padre GAite – Avenida Bos Aires (entre Ponte Santiago e rúa do Pozo).
Venres 26, ás 22 h. Avenida Compostela  – Recinto Ferial (explanadas acceso dende Enxeñeiro Rafael Areses).
Sábado 27 as 22 h. Alexandre Bóveda (incluido estacionamento interior), Celso Emilio Ferreiro , Campus Universitario, Avd. Bos Aires (dende a rúa do Poso e Monteporreiro) e N-550
Venres 24 as 22 h. N-550

AFECCIÓN NA ESTRADA N-550 (PONTEVEDRA – BARRO)

A estrada N-550 sómente estará pechada ao tráfico no tramo entre Pontevedra e Barro, (glorieta desvío cara a estrada a Vilagarcia-Curro) nos seguintes horarios:

DOMINGO DÍA 28: ENTRE AS 08:30 0 H. E AS 15 HORAS

Os desvíos estarán debidamente sinalizados.

23 de abril de 2013 | 16:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.