A Policía Local da Coruña realiza 4.630 controis de velocidade durante unha campaña da DGT

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocalLocal Portada
A-
A+

O departamento municipal de Movilidade e Seguridade Cidadá, a través da Policía Local, participou nunha campaña especial sobre vixilancia e control da velocidade da Dirección Xeral de Tráfico (DGT). Entre os días 8 e 14 de abril, o 092 realizou 4.630 controis na cidade, durante os que 41 condutores foron denunciados, apenas o 0,89% do total de vehículos.

O Concello colaborou coa DGT nesta nova campaña de colaboración, dentro do compromiso do Goberno local por unha mellor coordinación co resto de administracións e para garantir unha maior seguridade en materia de movilidad. En total, efectuáronse 4.630 controis, a unha media diaria de 661. A Policía Local comprobou que 41 condutores infringieron as normas de circulación en materia de velocidade -a 31 xa se lles notificou a denuncia en estrada-.

O número de condutores denunciados por exceso de velocidade diminuíu nos últimos anos a nivel estatal, pero é preciso realizar o máximo esforzo no control e vixilancia da velocidade pois supón un impacto moi importante na calidade de vida das zonas urbanas -en especial, na seguridade de peatones e ciclistas-. A velocidade é determinante, xa que a partir de 80 quilómetros por hora é prácticamente imposible que un peatón non faleza nun atropelo, mentres que a unha velocidade de 30 quilómetros por hora o risco de morte do peatón redúcese ao 10%. Ademais, levar unha velocidade adecuada podería evitar unha cuarta parte dos mortos en accidente de circulación, e no 24% dos casos de accidentes mortais en estrada apreciouse que a velocidade é un factor crave.

O Concello subliña a importancia de colaborar coa DGT, pois a circulación na cidade é o primeiro dos escenarios onde o condutor inicia a adquisición de hábitos e costumes. A área de Movilidad e Seguridade Cidadá informou dos resultados obtidos durante os controis á Dirección Xeral de Tráfico, que á súa vez remitirá ao Concello as conclusións finais desta campaña.

A Policía Local xa colaborou este ano coa Dirección Xeral de Tráfico noutras tres campañas: o uso do cinto de seguridade e de sistemas de retención infantil (SRI); a vixilancia e control de camións e furgonetas; e a vixilancia e control do transporte escolar. O Concello da Coruña colabora nestas campañas co obxectivo de reducir o número de accidentes de circulación e, ao mesmo tempo, coñecer con maior exactitude a incidencia deste tipo de sinistros.

22 de abril de 2013 | 12:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.