publicidade hoxe

A Plataforma de Afectados polas Hipotecas pon unha mesa informativa na praza do Concello de Salceda

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalLocal PortadaSalceda de Caselas
A-
A+

A Plataforma de Afectados polas Hipotecas estivo hoxe na Praza do Concello de Salceda informando acerca da problemática dos desafiuzamentos. Moitas persoas achegáronse ata a súa mesa para recibir información acerca dos procedementos que deben de seguir unha vez teñan problemas de pagamento das súas hipotecas.

Cada mécores, no tempo que dura o Mercadiño, estarán colocados frente a porta principal do concello informando aos veciños e veciñas de Salceda, para que todo aquel que desexe recibir información poida ter un contacto de primeira man coas persoas que están a traballar dende a Plataforma no Concello de Salceda de Caselas.

Nos vindeiros días se disporá dun terminal para atender aos veciños e veciñas de Salceda que teñan problemas no pago das súas hipotecas. Este teléfono estará dispoñible nos vindeiros días e poderá proporcionarse o contacto a aquelas persoas que queiran consultar o seu problema. Dende o Concello de Salceda de Caselas colocouse unha pancarta en apoio aos Afectados polas Hipotecas e polas preferentes-subordinadas, apoiando a súa reivindicacións.

24 de abril de 2013 | 17:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.