A piscina municipal da Ramallosa xa conta con case 600 abonados pagadores

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalTeo
A-
A+

O número de abonados na piscina municipal da Ramallosa achégase xa ós 600 pagadores, concretamente están en 590. Segundo explican dende a empresa xestora as persoas reais que teñen dereito de acceso son máis, superando lixeiramente as 1.000 persoas, xa que moitos destes abonos son familiares. A inscrición nos cursiños de piscina tamén é positivo, situándose xa nos 250. Boa mostra do interese polos cursos é que tiveron que ampliar a oferta dalgún dos previstos pola alta demanda detectada.

A piscina comezou a funcionar o 22 de abril e ata final de abril terá xornadas de portas abertas. Calquera persoa poderá acceder ás instalacións e usar a piscina, o ximnasio, as pistas deportivas… Esto sen custe. Coincidindo con esta iniciativa de permitir que os usuarios coñezan as instalacións dun xeito directo ata o 30 de abril haberá unha oferta promocional pola que se te matriculas ata ese día terás o primeiro mes de balde. Durante estes días tamén se están facendo as probas de nivel para as clases que comezarán en maio.

A oferta de cursos e actividadese acuáticas previsas para maio e xuño contempla cursos de iniciación e perfeccionamento para nenos e para adultos; matronatación, clases para bebés de ata 3 anos, natación terapéutica; ximnasia na auga e aquaeróbic.

En canto ás actividades de sala polo momento están abertas as clases de pilates, ciclo indoor, tono, zumba, aeróbic e gap. Os horarios son de mañá e tarde. As persoas interesadas en informarse sobre as actividades ofertadas xa poden consultar a páxina de facebook creada para a instalación “Piscinas Teo”.

 

29 de abril de 2013 | 10:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.