A ocupación turística do Carballiño en Semana Santa roldou o 70%

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalO Carballiño
A-
A+

Segundo os datos solicitados pola área de Turismo do concello do Carballiño, a ocupación turística durante a semana santa foi próxima ao 70%, en concreto un 68% foi a media de ocupación nos establecementos hoteleiros da vila que permanecían abertos durante esta época do ano, chegando a cifras de 100% de ocupación no caso do cámping municipal (nas pallozas que son as que permanecen abertas durante todo o ano).

Así mesmo foron preto de 200 as persoas que pasaron durante os días previos aos festivos pola oficina municipal de Turismo, solicitando información de lugares para visitar, tanto na vila coma na bisbarra. A m maioría destes visitantes eran de Galicia, aínda que algúns procedían de comunidades veciñas como Castela e León ou Asturias. Unha das preguntas que máis realizaban estes visitantes era sobre a actividade relixiosa e procesional durante os días festivos da Semana Santa no Carballiño e na bisbarra.

Pola súa banda a edil de Turismo Pilar Caride mostrábase satisfeita dos datos durante esta semana santa, tendo en conta que o tempo non acompañou, pero se se demostrou que ou Carballiño é un destino de interior que segue contando con atractivos para os visitantes, isto unido ás campañas de turismo de natureza e cultura que desenvolven dende o concello, fan que o departamento municipal siga traballando nesta liña.

Por outro lado tamén cabe destacar que foron moitos os carballiñeses residentes fóra do a vila, os que durante estas datas festivas estiveron na vila, nutrindo tamén de clientela á hostalaría local, malia que moitos deles non se aloxaron nos hoteis nin hostais do Carballiño por contar con vivendas na vila, pero se aproveitaron para consumir en bares, cafés e restaurantes.

2 de abril de 2013 | 15:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.