“A nena e o grilo nun barquiño” chega este sábado a Ponte Caldelas
Dentro das actividades programadas pola Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia, á que o Concello de Ponte Caldelas está adherido, levarase a cabo este espectáculo para toda a familia de teatro e música.
A Rede de Dinamización Lingüística é unha iniciativa do goberno galego no que a día de hoxe participan máis de 130 entidades, co obxectivo prioritario de estableceren e consideraren vías estables de colaboración, cooperación e coordinación entre as administración local e autonómica. A partir dunha planificación lingüística conxunta a Rede de Dinamización Lingüística está a definir estratexias básicas comúns en todo o territorio e compartindo experiencias, materiais e información entre os seus diferentes membros.
A nova edición do programa de dinamización lingüística pretende crear espazos de uso, aprendizaxe e intereacción en galego, ligado ao lecer, á cultura xuvenil e ás novas tecnoloxías da comunicación. A través das súas actividades, destinadas a distintos tipos de público, búscase ligar a imaxe da lngua galega aos valores positivos e modernos da sociedade actual.











