A Laracha convida a nenos de 8 a 17 anos de idade a asistir ao partido Deportivo-Zaragoza
O Concello da Laracha convida a todos os veciños de idades comprendidas entre os 8 e os 17 anos a asistir ao partido da 30ª xornada da Liga BBVA (Primeira División) que disputarán no estadio Municipal de Riazor o Deportivo de La Coruña e o Valladolid este sábado a partir das 20.00 horas.
Os interesados deben reservar a súa praza dun xeito totalmente gratuíto achegándose ao Concello ou chamando ao teléfono 981 60 50 01.
O Real Club Deportivo de La Coruña cedeu ao Concello da Laracha 50 invitacións, polo que as prazas son limitadas. Durante toda a xornada os rapaces estarán acompañados de dous monitores.
O autobús partirá ás 19.00 horas desde a Praza do Concello e o regreso será despois do partido.











